Un pouco continuando cun post da outra vez, observei que mentres que de algúns furanchos hai de sobra presencia e fotos nas redes, de outros furanchos, pois é coma que están un pouco fora do radar. E bueno, poño unhas fotos, sen que sexan gran cousa de reveladoras, pero se algún día alguén pregunta coma era o Furancho de Andrés, pois aquí ten estas imaxes.
Aqui tedes a lista de prezos e as comidas que ofrecen para acompañar co viño. As empanadas e empanadillas tiñan unha pintaza. O chourizo viña fritido, pero nos tiramos polo bisté, porque nos apetecía máis. E aquí trouxeron un bocadillo para compartir cos dous:
En canto ó viño: branco e tinto. (Isto que pode parecer obvio, non vaiades pensar, por estes rumbos é bastante habitual ter só ben branco ou ben tinto: son xente que ten pouca viña e ademáis hai unha tradición de que na parte que mira cara o norte tiñase tinto e na parte que tira cara o sur tiñase branco).
En canto a estes viños, gustaronnos ben. O branco caería moi ben con toda esta xente nova que anda moi entusiasmada co "orange wine". Da mesma maneira que torcería o morro á moitos máis conservadores que están en contra de ista moda. Pois a ver, aqui só estan a facer coma sempre se fixo en Galicia, que é que o viño branco ferve ca pel, e entón queda así un tanto máis escuro e turbio. Ainda así, o viño sabía ben a Albariño e Espadeiro.
No caso do tinto (que foi o meu favorito), se cadra ando eu un pouco suxestionado, pero noteille eu o Tinta Femia. Que se cadra non é a uva que teñen, pero sí tiña frescura e sutileza sen pasarse de taninos. Iso sí, escuro coma un espello.
Gostounos moito o furancho, e a ver se para o ano damos regresado.